13 tema nesta sección
  • Como me rexistro?

    Para rexistrarte, preme aquí. A continuación, pedirémosche encher unha serie de datos persoais e elixir un contrasinal que che servirá para sucesivas compras que realices no noso web.

    Foi útil?SiNon
    Sentimos que non foi útil. Como podemos axudalo?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • Que vantaxes obteño ao rexistrarme?

    Ao rexistrarte no web de El Corte Inglés obtés unha conta persoal que che permite adquirir produtos, recibir información sobre ofertas e promocións, coñecer a situación dos teus pedidos, acceder ao teu historial de compras xa realizadas... Ademais, na túa ficha de cliente quedan rexistrados os teus datos persoais e enderezos usuais, polo que non terás que volver enchelos en posteriores compras.

    Foi útil?SiNon
    Sentimos que non foi útil. Como podemos axudalo?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • Necesito rexistrarme para comprar?

    Podes realizar as túas compras sen estares rexistrado/a, agás en Supermercado. Nese caso, has de encher un formulario cos datos domiciliarios e a forma de pagamento, que soamente se utilizarán para tramitar o pedido en curso.

    Foi útil?SiNon
    Sentimos que non foi útil. Como podemos axudalo?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • Como actualizo os meus datos?

    Se necesitas cambiar algún dos teus datos persoais, só tes que actualizar a túa ficha de cliente. A esta ficha podes acceder premendo no enlace 'Ola cliente' situado na parte superior da páxina.

    Foi útil?SiNon
    Sentimos que non foi útil. Como podemos axudalo?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • Que uso fai El Corte Inglés dos meus datos?

    No momento en que te rexistras no noso servidor seguro ou realizas un pedido, incorporamos os teus datos persoais, domiciliarios e da túa forma de pagamento á nosa base de datos. Utilizámolos unicamente para tramitar o teu pedido, así como para enviar información sobre ofertas e servizos que poidan resultar do teu interese sempre que o solicites.

    Conforme coa nosa Política de seguridade e confidencialidade, en El Corte Inglés estamos especialmente interesados en ofrecer aos nosos clientes o máis alto nivel de seguridade e protexer a confidencialidade dos datos que nos achegan. Por iso, as transaccións comerciais son realizadas nun contorno de servidor seguro baixo protocolo SSL (Secure Socket Layer) e todas as comunicacións se transmiten encriptadas baixo un cifrado de 128 bits, que asegura o maior nivel de protección ás comunicacións.

    Ademais, dispoñemos dun sistema de avisos en pantalla que identifican os erros cometidos na introdución de datos e permiten ao cliente corrixilos en todo momento. Os datos correspondentes ao produto ou servizo contratado arquívanse electronicamente e os clientes poden acceder a eles en calquera momento.

    Foi útil?SiNon
    Sentimos que non foi útil. Como podemos axudalo?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • Que fago se non recordo o meu contrasinal?

    Se non recordas o teu contrasinal, preme no enlace Esquecín o meu contrasinal cando vaias identificarte e iniciar sesión. Só tes que facilitarnos o teu correo electrónico de usuario para que volvamos enviarche un novo contrasinal.

    Se non recordas o teu correo electrónico de usuario, podes chamar o teléfono 900 363 900 ou escribirnos a clientes@elcorteingles.es

    Foi útil?SiNon
    Sentimos que non foi útil. Como podemos axudalo?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • Como podo coñecer o estado do meu pedido?

    Para ver o estado dos teus pedidos, identifícate e, no apartado de "COMPRAS", preme na ligazón "pedidos", poderás revisar en que estado se encontra o teu pedido: recibido, en repartición, entregado, en preparación...

    Se accedes xusto despois de realizar un pedido e non che aparece información sobre el, non te preocupes. En ocasións tarda uns minutos en aparecer.

     

     

    Foi útil?SiNon
    Sentimos que non foi útil. Como podemos axudalo?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • Podo rexistrarme como empresa ou autónomo?
    Si que podes rexistrarte como empresa e autónomo. Para facelo, preme no enlace Rexístrate, situado na zona superior da páxina, e preme na seguinte páxina no enlace: Es unha empresa ou un autónomo? A continuación, pedirémosche encher unha serie de datos que che servirán para sucesivas compras que realices no noso web.
    Foi útil?SiNon
    Sentimos que non foi útil. Como podemos axudalo?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • Por que non recibín o correo de confirmación de rexistro?

    Se non recibiches o correo de confirmación de rexistro, proba a revisar a carpeta de Spam o Correo electrónico non desexado da túa conta de correo. Quizais se encontre aí.

    Tamén pode ser que non o recibiras debido a un problema técnico temporal, e é posible que apareza na túa bandexa de entrada pasados uns minutos.

    Foi útil?SiNon
    Sentimos que non foi útil. Como podemos axudalo?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • Podo engadir varios enderezos de entrega?

    Para engadir máis enderezos á túa conta, preme o enlace O meu caderno de enderezos que encontrarás no menú esquerdo da túa conta de usuario. Dende aí poderás engadir e editar cantos enderezos queiras.

    Tamén poderás engadir un novo enderezo de entrega no Checkout ou cando selecciones se queres recibir o pedido na casa ou ir recollelo.

    Foi útil?SiNon
    Sentimos que non foi útil. Como podemos axudalo?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • ¿Cómo accedo a Mis Favoritos?

    O botón de acceso a “Os meus Favoritos” está situado na zona superior dereita da pantalla, xusto ao lado de “Axuda”

    Foi útil?SiNon
    Sentimos que non foi útil. Como podemos axudalo?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • Como baleiro a miña lista de produtos favoritos?

    Para borrar os teus favoritos, podes facelo premendo na icona do corazón que verás á dereita do nome do produto. Aínda que de momento non é posible borrar produtos en bloque, si podes borrar as listas que crearas.

    Foi útil?SiNon
    Sentimos que non foi útil. Como podemos axudalo?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • Que é Os meus medios de pagamento e como funciona?

    Coa funcionalidade “Os meus medios de pagamento” que encontrarás en “A miña conta”, poderás gardar os teus medios de pagamento habituais para que as próximas compras sexan máis rápidas, doadas e seguras. Podes gardar tanto tarxetas bancarias coma a túa Tarxeta de Compra de El Corte Inglés. E con facelo só unha vez, teralas gardadas para sempre.

    Tamén podes engadir varios métodos de pagamento e seleccionar cal deles prefires como medio de pagamento principal. Por suposto, cando queiras eliminar un medio de pagamento, podes facelo sen problema dende o mesmo apartado.

    Recordámosche que tamén podes gardar os teus medios de pagamento habituais mentres esteas a tramitar un pedido; en concreto, no paso de compra no que seleccionas o medio de pagamento (4º paso).

    Foi útil?SiNon
    Sentimos que non foi útil. Como podemos axudalo?Non, grazasEnviar
    Grazas!

Temas de axuda: A miña conta