5 tema nesta sección
  • Como engado produtos á cesta?

    Para engadir produtos á cesta, só tes que premer sobre o botón verde 'Engadir á cesta' na ficha de calquera produto. Unha vez introducido, aparece un resumo da cesta na esquina superior dereita dende onde podes ver, eliminar ou sumar unidades dos produtos seleccionados. Este resumo desprégase cada vez que fas clic sobre o botón verde 'Cesta’. Ao rematar, preme en 'Ver/tramitar pedido' para acceder á lista de artigos incorporados previamente, as súas unidades, o seu prezo, a súa modalidade de entrega e a suma total a pagar.

    Foi útil?SiNon
    Sentimos que non foi útil. Como podemos axudalo?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • Que pasos hei de seguir para realizar unha compra?

    Fai a túa compra seguindo cinco cómodos pasos:

    • Cesta: Engade os produtos que prefiras á cesta e ao rematar preme 'Ver/tramitar pedido'. Accederás á túa lista de artigos incorporados na cesta. Aquí podes elixir o número de unidades e a modalidade de entrega: envío a domicilio, Click&Collect en El Corte Inglés ou en Supercor e puntos de recollida (non en todos os produtos se ofrecen as mesmas opcións). Ao final, móstrase o importe total a pagar con gastos de envío incluídos. Se estás conforme, preme en 'Tramitar compra'. Antes de acceder ao seguinte paso, é necesario que inicies sesión, te rexistres ou detalles un enderezo de correo electrónico e os teus datos persoais para xestionar a túa compra.
    • Envío: Elixe o enderezo onde queres que che enviemos o pedido. Se es cliente habitual, podes escoller un domicilio distinto ao rexistrado. Os gastos de envío asignaranse en función do destino seleccionado. Se optaches pola recollida en centro comercial con servizo Click&Collect, detalla o teu nome ou o da persoa que recolle o pedido e o centro comercial onde queres recollelo. En caso de pedidos pagados a prazos ou con Liña de crédito en El Corte Inglés, deberás acudir en persoa para asinar o contrato. Preme en 'Continuar'.
    • Datos persoais: Aquí podes repasar os teus datos e indicar se queres recibir notificacións do pedido vía SMS. Nesta mesma páxina aparecerá inicialmente a forma de pagamento con Tarxeta El Corte Inglés para que poidas introducir o número se vas pagar con ela. Sexa esta a túa forma de pagamento ou non, preme o botón 'Pagar'.

     

    • Pagamento: Neste paso aparecen en pantalla todas as opcións de pagamento. Confirma se é a túa Tarxeta de El Corte Inglés ou selecciona outra opción que desexes: tarxeta de regalo ou aboamento, tarxeta de Liña de crédito, tarxeta bancaria, PayPal e contra reembolso. Unha vez introducidos os datos, preme o botón 'Pagar compra'.
    • Confirmación: Xa realizaches a compra! Esta páxina confirma a tramitación correcta do pedido, móstrache o seu número de rexistro e un resumo dos produtos adquiridos.
    Foi útil?SiNon
    Sentimos que non foi útil. Como podemos axudalo?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • Teño problemas de conexión ao facer a miña compra

    Se tes problemas ao facer a compra, pode deberse á versión do teu navegador ou á súa configuración. As nosas webs son compatibles coas últimas versións dos navegadores que se actualizan automaticamente (Google Chrome e Mozilla Firefox) e coa versión 11 de Internet Explorer. Se navegas con Safari, a versión compatible é a 12.

    Tamén é recomendable verificares se os problemas se producen porque o teu navegador está configurado coa opción de nivel de seguridade “Alto”. Terás que acceder á epígrafe Opcións de Internet dentro do administrador de redes, apartado de Seguridade, e colocalo no nivel “Medio”.

    Se necesitas que che axudemos a encontrar a solución ou se tes algunha dúbida respecto ao funcionamento do noso sistema de compra, chámanos o 900 373 050 (se chamas dende un fixo) e o 901 464 050 (se chamas dende un móbil). Estaremos encantados de atenderte

    Foi útil?SiNon
    Sentimos que non foi útil. Como podemos axudalo?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • Como solicito a factura das miñas compras?

    Para solicitar a factura dalgunha das túas compras ou un duplicado, contacta connosco a través destes teléfonos:

    - 900 373 050 se chamas dende un teléfono fixo
    - 901 464 050​ se chamas dende un móbil

    Tamén podes facelo os 365 días do ano en clientes@hipercor.es

    Para axilizar a emisión da factura, necesitaremos que nos facilites o n.º de pedido da túa compra.

    Foi útil?SiNon
    Sentimos que non foi útil. Como podemos axudalo?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • Que pasa se non recibín o correo de confirmación dun pedido?

    Se non te chegou a mensaxe de confirmación ao teu correo electrónico ao facer un pedido, pode que se deba a algún problema técnico puntual. O normal é que te chegue pasados uns minutos. De calquera, xeito revisa a túa caixa de spam ou correos non desexados por se está aí.

    Se tras unhas horas segues sen recibilo, ponte en contacto connosco a través do teléfono 900 373 050 ou en clientes@hipercor.es

    Foi útil?SiNon
    Sentimos que non foi útil. Como podemos axudalo?Non, grazasEnviar
    Grazas!

Temas de axuda: Pasos de compra